Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.298

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 24 de novembro de 1999 de subvencións ás entidades de promoción do Camiño de Santiago para o ano 2000.

Advertidos erros na Orde do 24 de novembro de 1999, publicada no Diario Oficial de Galicia o 28 de decembro de 1999, pola que se convocan subvencións ás entidades de promoción do Camiño de Santiago, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 15.145, columna esquerda, artigo 4º, letra f), parágrafo segundo, onde di «... no suposto de que, en calquera momento posterior á anterior instancia, os interesados soliciten as axudas ás que se refire a alínea e) deste artigo, será obrigatorio poñelo en coñecemento dos servicios técnicos da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, dando conta da axuda solicitada, contía e administración ou ente ó que se dirixe», debe dicir: «... No suposto de que, en calquera momento posterior á presentación da anterior instancia, os interesados soliciten as axudas ás que se refire a alínea f) deste artigo, será obrigatorio poñelo en coñecemento dos servicios técnicos da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, dando conta da axuda solicitada, contía e administración ou ente público ou privado ó que se dirixe».

Na páxina 15.145, columna dereita, artigo 6º, letra d) no derradeiro parágrafo onde di «...o beneficiario presentará unha declaración complementaria...,» debe dicir: «...o peticionario presentará unha declaración complementaria...».