Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2000 Páx. 1.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de xaneiro de 2000, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Muras II.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 7 de xaneiro de 2000, da que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal nomeado parque eólico Muras II.

2. De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento dos concellos de Muras e Ourol queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Consecuentemente, non se requirirá autorización urbanística previa para as instalacións incluídas no citado proxecto».

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria