Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2000 Páx. 1.273

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/244-2, 5333 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación en Cela.

Situación: Outeiro de Rei.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 1.791 m de lonxitude. Derivación ó centro de transformación de Cela a 20 kV en conductor LA-56 de 44 m de lonxitude. Derivación ó centro de transformación de Fierteira a 20 kV en conductor LA-56 de 13 m de lonxitude. Dous centros de transformación en Cela e Fierteira de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z. de 4.540 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 10 de decembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo