Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: renovación e mellora R.B.T. na estrada de Lanzós.
Situación: Vilalba.
Descricións técnicas: rede de baixa tensión a 380/220 V en conductor R.Z. de 710 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 1 de decembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo