Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2000 Páx. 1.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de obra.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: traballos de roza de maleza nas marxes da rede viaria provincial.

3. Lugar de execución: provincia de Lugo.

4. Orzamento: 59.671.965 pesetas.

5. Prazo de execución: 12 meses.

6. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, por lote individualizado ó que concorran, ou, de se-lo caso, pola totalidade do orzamento de licitación de facelo por todos eles.

7. Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría C.

8. Información: servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

9. Presentación das ofertas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

10. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

11. Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo, de 10 a 14 horas.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

13. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 13, de data 18 de xaneiro de 2000.

Lugo, 18 de xaneiro de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo