Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2000 Páx. 1.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 14 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución de inicio do expediente sancionador de sanidade alimentaria 31/1999.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan que, con esta data, se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da resolución de inicio do expediente sancionador nº 31/1999, incoado por infracción á Orde do 2 de setembro de 1986 que regula a inscrición no Rexistro Xeral Sanitario de Alimentos. O expedientado dispón do prazo de quince días para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13), co fin de poder presenta-las alegacións correspondentes, se o considera oportuno, segundo preceptúa o artigo 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

1. Expediente sancionador nº 31/1999.

Denunciado: José Carril.

DNI: 34.529.490-G.

Último enderezo coñecido: rúa Ponte Codesal, nº 13 de Ourense.

Ourense, 14 de decembro de 1999.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense