Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Virxe de Vilaselán.
Situación: Ribadeo.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV subterránea de 185 m de lonxitude. Centro de transformación de 630 kVA e relación 20.000/380-220 V. Liñas de baixa tensión subterráneas en condutor R.V. de 410 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 26 de novembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo