O Consello Social da Universidade da Coruña, de conformidade co disposto no artigo 14.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto e o artigo 47.1º a) dos seus estatutos, na súa reunión do día 22 de decembro de 1999, acordou a aprobación do orzamento desta universidade para o exercicio do ano 2000.
Este rectorado de acordo co disposto no artigo 54.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e artigo 199 dos estatutos da Universidade da Coruña, resolve facer público o devandito orzamento que acada a contía inicial no estado de ingresos e gastos de 12.257.626.625 ptas. (73.669.819,74 euros) e segundo o detalle anexo.
A Coruña, 23 de decembro de 1999.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
1. Clasificación económica
Resumo por capítulos
Estado de ingresos 2000
Ptas. Euros
Capítulo III: taxas e outros ingresos 2.121.202.000 12.748.680,78
Capítulo IV: transferencias correntes 7.987.545.523 48.006.115,44
Capítulo V: ingresos patrimoniais 110.500.000 664.118,38
Capítulo VII: transferencias de capital 1.364.014.102 8.197.889,86
Capítulo VIII: activos financeiros 674.365.000 4.053.015,28
Total orzamento ingresos 2000 12.257.626.625 73.669.819,74
Estado de gastos 2000
Ptas. Euros
Capítulo I: gastos de persoal 7.108.919.761 42.725.468,25
Capítulo II: gastos correntes servicios 1.901.900.000 11.430.649,21
Capítulo III: gastos financeiros 100.000 601,01
Capítulo IV: transferencias correntes 262.200.000 1.575.853,75
Capítulo VI: investimentos reais 2.984.505.864 17.937.241,51
Capítulo VIII: activos financeiros 1.000 6.01
Total orzamento gastos 2000 12.257.626.625 73.669.819,74