Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: servicios de mantemento e conservación na explotación agrícola do pazo de Mariñán (T.M. Bergondo).

Orzamento: 13.307.067 ptas (79.977,08 euros).

Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 532.283 ptas. (3.199,08 euros).

Prazo de execución: o prazo de execución deste contrato será de doce meses a partir da data da formalización do contrato en documento administrativo.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Clasificación: non se esixe.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña