Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución e funcionamento da xunta de compensación UE industrial II-03 Santo André de Comesaña (expediente 4168/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 21 de outubro de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de bases de actuación e estatutos para a constitución e funcionamento da xunta de compensación da unidade de execución industrial II-03 Santo André de Comesaña (expediente 4168/401), presentado coa data do 15 de setembro de 1999 no rexistro da xerencia de urbanismo, por Juan Álvarez Rial e Elisa Pazos Beiro, en representación da comisión xestora de propietarios do devandito polígono.

Sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte días, mediante a inserción de anuncios no DOG, segundo establece o artigo 133.4º da Lei1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co artigo 102 da mesma lei; e no BOP (artigo 161.3º do RXU), con inserción neste último do proxecto de bases de actuación e estatutos.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte á publicación do primeiro anuncio, ata transcorridos vinte días desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio, para que presenten documentación ou alegacións que esitmen pertinente. O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de información urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo, planta baixa do edificio da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan se notificados persoalmente.

Vigo, 26 de novembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo