Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria celebrada o día 21 de decembro de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de actuación 16-2 das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, promovido de oficio e redactado polos servicios técnicos municipais, que queda sometido a información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia; durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido presentándose nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes (expediente 32/99 PED).

Arteixo, 11 de xaneiro de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde