Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 54/1998).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 20 kV, coa orixe na L.M.T. a C.T. Ponte Maceira e final no C.T. Burgueiros, no termo municipal de Ames (expediente 54/1998), por resolución desta delegación provincial do 8 de xuño de 1999, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Esta delegación acorda sinala-los días 3 e 4 de febreiro de 2000 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios

que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Ames, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Correo Gallego de datas 18-6-1999, 22-5-1999 e 19-5-1999, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 22 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña