Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/242-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. San Crimenso.

Situación: Dumbría.

Características técnicas: conexión eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios existentes, de 8 m de lonxitude, con orixe na liña Pontella-Lucín (expediente 27870) con conductor LA-56 e final no C.T. San Crimenso, que se instalará. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en San Crimenso-Dumbría.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña