Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/116-2, 5266 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Leche Celta, S.A.

Domicilio social: r/ Polígono Industrial de Meira, 27000 Meira.

Denominación: anteproxecto planta de coxeración Leche Celta (Meira).

Situación: Meira.

Descricións técnicas: combustible: gasóleo. Grupo motor: 2 Deutz TBD620V16 de 1.760 kW. Grupo xerador: 2 de 2.100 kVA, 400 V. Transformadores de potencia: 2 de 2.500 kVA 0,4/20 kV. Previsión de enerxía eléctrica cedida á rede: 11.858,6 MWH/ano.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 20 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo