Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 21 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona resolución de recurso de reposición pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de recurso de reposición pendente de notificar, depois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo no edificio da Consellería de Economía e Facenda de San Caetano, soto, en Santiago de Compostela, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1999.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Interesado: José Antonio Fernández Sánchez (VABE-FESA, S.L.).

CIF: B-15.511.728.

Enderezo: Lugar do Río Quintas-O Portazgo nº 29 A Coruña.

Procedemento: resolución de recurso de reposición.

Expedientes: 2791/96, 2804/96, 2805/96, 2806/96, 2827/96, 2807/96 e 2026/97.

Recurso: 3/1999.