Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.094

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 343/1999, do 16 de decembro, polo que se crea o órgano autonómico de coordinación dos plans de investigación e control de determinadas substancias e os seus residuos en animais e os seus productos con destino ó consumo humano.

Advertido erro no devandito decreto, publicado no DOG nº 3, do 5 de xaneiro de 2000, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 138, no artigo 3º, onde di: «Actuará como secretario da comisión o titular da Xefatura de Servicio de Protección da Saúde fronte a Riscos Específicos», debe dicir: «Actuará como secretario da comisión o titular da Xefatura de Servicio de Protección da Saúde fronte a Riscos Xerais».