Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2000 Páx. 1.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente sancionador OU 44/1999C por infracción da Lei de caza de Galicia (caza-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que nos anexos se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por presuntas infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33 do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiráselles ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

Ourense, 3 de decembro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 44/1999C.

Denunciado: Nilo López Conde.

DNI: 34.954.511.

Último enderezo coñecido: rúa San Paio, 18-3º. Ourense.

Feito probado: deixar soltos, durante máis de 50 minutos, dous cans de caza, razas sabuxo e grifón, en terreos cinexéticos, e en época de veda.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.10º da Lei de caza.

Cualificación: leve.

Sanción: multa de 10.000 pesetas.