Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2000 Páx. 1.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/325-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Boiro-Esteiro.

Situación: Boiro.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-110: de 264 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 24 da liña Boiro-Cabo de Cruz (expediente 27238) e remata no apoio nº 2 da liña que alimenta o C.T. Boliña (expediente 51505). De 426 m de lonxitude, con orixe na liña subterránea Boliña tramo I e remata na liña subterránea Boliña tramo II. Liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV, de 3(1x240) mm Al. De 430 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 2 de liña Boliña tramo I e remate no apoio nº 1 da liña Boliña tramo II. De 440 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da liña Boliña tramo II e remate na liña aérea Boiro-Cabo de Cruz. De 1.470 m

de lonxitude, con orixe na liña aérea Boiro-Cabo de Cruz e final en Paquito, S.L. Boiro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.

A Coruña, 14 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña