Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2000 Páx. 1.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/459-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal, 44. 36860-Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. a Barxela-Ribadetea.

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: L.M.T., a 15/20 kV, de 150 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde a L.M.T. de alimentación á empresa Bopapel ata o C.T. que se proxecta na Barxela-Ribadetea, concello de Ponteareas. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 2 de decembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra