Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2000 Páx. 1.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/100-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., r/ Elena Quiroga.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Características técnicas: liña a 15 kV subterránea, de 40 m en conductor RHV 12720 kV, derivada desde a L.M.T. ó C.T. bombeo de auga, e con final na L.M.T. ó C.T. Viloira, pasando polo C.T. proxectado con 400 kVA r/t 15.000/380-220 V na r/ Elena Quiroga. Rede de baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 30 de novembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense