Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2000 Páx. 1.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/427-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. circunvalación urbanización vía Norte-Loriga II.

Situación: Vigo.

Características técnicas: liñas de M.T. subteráneas, a 15 kV, tramo I de 570 m de lonxitude, desde a liña TRO 7.05, desde o cruzamento das rúas Venezuela e Gran Vía ata o centro de reflexión Hernán Cortés, rematando na liña BAL 7.17 á altura do cruzamento das rúas Venezuela e Gran Vía. Tramo II de 315 m de lonxitude, desde a liña BAL 7.17 á altura do cruzamento das rúas Couto e Ramón y Cajal ata a L.M.T. Balaídos-El Corte Inglés. Tramo III de 125 m de lonxitude, desde a liña que vai ós CC.TT. Castro, Marqués de Alcedo, Loriga e outros, enlazando coa liña TRO 7.09, remantando na liña BAL 7.11 á altura das rúas Gran Vía con Avda. de Madrid. Toda instalación está situada no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 3 de novembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra