Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2000 Páx. 1.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa na adquisición a título oneroso dos inmobles caseríos de Cabanela de Arriba e Fontecavada, no termo municipal de Becerreá (Lugo).

En cumprimento do disposto no artigo 18.2º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 46.2º do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o disposto no Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda,

RESOLVO:

Facer público, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, a utilización do procedemento de contratación directa, por razón das peculiaridades requiridas para os bens, as necesidades inherentes ó servicio que se vai prestar e as limitacións do mercado inmobiliario da zona, na adquisición dos inmobles caseríos de Cabanela de Arriba e Fontecavada, no termo municipal de Becerreá (Lugo), para completa-la explotación do

Centro de Capacitación Agraria de Becerreá (Escola de Agricultura de Montaña), na medida que os mencionados inmobles son estremeiros, posúen unha extensión e conformación en predio único axeitadas, e polas propias características funcionais dos bens en relación, basicamente, coa súa altitude, posibilidade de cultivo, instalacións, mananciais existentes e facilidade de comunicación.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1999.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda