Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 25 de xaneiro de 2000 Páx. 1.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Enfermeros/as de Hemoterapia Gallega (Asenhega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Enfermeros/as de Hemoterapia Gallega (Asenhega), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos profesionais da enfermería (ATS-DUE), relacionados directamente coa hemoterapia-banco de sangue.

Asinan a acta de constitución Ignacio de la Calle Otero e doce persoas máis.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais