Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 25 de xaneiro de 2000 Páx. 1.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de decembro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea J.N.L. I.

Visto o expediente incoado por José-Antonio Outeiral Dieste, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro flotante de cultivo de mexillón denominado J.N.L. I, outorgado pola orde ministerial do 9-10-1969, situado na cuadrícula nº 216, do polígono C de Cambados, rematando a concesión o 24-10-2008, e do que eran titulares María Dieste Chouza e José Outeiral Romay.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos os certificados de defunción, as certificacións do rexistro de derradeiras vontades, os testamentos outorgados por María Dieste Chouza e José Outeiral Romay e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería accedeu ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de José-Antonio Outeiral Dieste (35.415.114).

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicacións ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 14 de decembro de 1999.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG 120 do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo