Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2000 Páx. 964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, para a subministración de material informático para as unidades administrativas do Parlamento de Galicia correspondente ó ano 2000.

En cumprimento do disposto nos artigos 72 e 79.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publícase o seguinte anuncio de licitación para a subministración de material informático para as unidades

administrativas do Parlamento de Galicia correspondente ó ano 2000.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 14/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación para a subministración de material informático para as unidades administrativas do Parlamento de Galicia correspondente ó ano 2000.

b) División por lotes e número: un.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

d) Prazo de duración: non superior a un mes desde a notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 4.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 80.000 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOPG núm. 426, do 30 de decembro de 1999).

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 56 16 00.

e) Telefax: 981 57 10 41.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós 14 días naturais seguintes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de licitación.

b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares (BOPG núm. 426, do 30 de decembro de 1999).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: r/ Hórreo, 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): un mes.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ós cinco días hábiles seguintes ó do remate de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: no BOPG núm. 426, do 30 de decembro de 1999, e nos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas depositados no rexistro xeral do Parlamento.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2000.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia