Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2000 Páx. 879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (366/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 2 de decembro de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle para cambio de rasantes das zonas libres situadas no linde do polígono 1 do SU-48, polígono 3 do SU-48, por pedimento de Amador Carnero Carnero.

2. De conformidad co disposto no artigo 44 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, unha vez aprobado inicialmente someterase a información pública durante un mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia. Á vista do resultado da información pública, o concello aprobaraos definitivamente coas modificacións que resulten pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 17 de decembro de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente