Visto o acordo do Pleno do Concello de Monterrroso (Lugo) do 29 de novembro de 1999, relativo á modificación da clasificación do posto de secretaría, actualmente de clase segunda, en secretaría de clase terceira, correspondente á subescala de secretaría-intervención.
A Consellería da Presidencia e Administración Pública, de conformidade co establecido no artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,
DISPÓN:
Primeiro.-Modifica-la clasificación do posto de Secretaría do Concello de Monterroso, provincia de Lugo, quedando clasificado en clase terceira, reservándose a funcionarios/as pertencentes á subescala de secretaría-intervención.
Segundo.-Suprimi-lo posto de intervención do devandito concello.
Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1999.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración
Pública