Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2000 Páx. 822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 4/1999).

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 29 de novembro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente a modificación do proxecto de urbanización do Paseo de los Puentes nas áreas edificables de uso público en superficie dos rueiros M-3 e M-4.

2. Ordena-la súa publicación na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente, que pode ser consultado na oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, de luns a venres, en horario das 12 ás

14 horas, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os gastos derivados da súa publicación serán por conta do interesado: Xunta de Compensación. Paseo de los Puentes.

A Coruña, 2 de decembro de 1999.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo