Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2000 Páx. 822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de novembro de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de actuación 16-3 das NN.SS.

de Planeamento vixentes en Arteixo, promovido de oficio e redactado polos servicios técnicos municipais, que queda sometido a información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; durante ese prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 28/99. PED).

Arteixo, 29 de decembro de 1999.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde