Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2000 Páx. 816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da execución da obra de restauración da cuberta vexetal e control da erosión mediante repoboación en dous montes pertencentes ó concello de Pazos de Borbén, provincia de Pontevedra (4922).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: restauración da cuberta vexetal e control da erosión mediante repoboación en dous montes pertencentes ó concello de Pazos de Borbén. Pontevedra (4922).

2.2. Prazo de execución: doce meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e un millóns novecentas noventa e unha mil setecentas doce (41.991.712), IVE incluído.

5. Fianza provisional.

Non se esixe.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata: un millón seiscentas setenta e nove mil seiscentas sesenta e oito (1.679.668) pesetas.

7. Obtención da documentación.

7.1. Copistería Copy Nino.

7.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

7.4. Teléfono: 981 58 89 38.

8. Información.

8.1. Dirección: rúa dos Basquiños, nº 2.

8.2. Teléfono: 981 54 17 49.

9. Requisitos específicos do contratista.

9.1. Clasificación:

Categoría C, grupo K, subgrupo 6.

10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

10.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

10.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e codígo postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de restauración de cuberta vexetal e repoboación forestal nos montes de Costa da Pena, Coto de San Vicente, montes pertencentes ós concellos de Pazos de Borbén, Quiroga, Ribas de Sil e Samos e monte de Paradarella, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles, producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional, no caso de ser esixida, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.

11. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente