Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2000 Páx. 787

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de xaneiro de 2000 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes nas escalas de finanzas da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 15 de xullo de 1999.

Convocado concurso 3/1999 pola orde desta consellería do 15 de xullo de 1999 (DOG nº 143, do 27 de xullo), e á vista da proposta de adxudicación de vacantes ós participantes do concurso, elevadas pola comisión de valoración de méritos dos concursantes, mediante acordo adoptado na sesión do 4 de xaneiro de 2000, esta consellería, de conformidade co previsto na base VI.6 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso 3/1999, adxudicándolles ós/ás funcionarios/as que

se relacionan no anexo I os postos de traballo que se especifican nel.

Segundo.-De conformidade co disposto no Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna na base VIII.1 da convocatoria do concurso, a toma de posesión dos funcionarios/as que obtivesen un posto de traballo como consecuencia da resolución do concurso efectuarase nos prazos establecidos no artigo 14 do citado regulamento, computándose estes a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Asignación das prazas do concurso 03/1999.

PostoCódigoDenominaciónNiv.LocalidadeDNIApelidos e nomeGrupoPuntos

21EF.C99.10.000.32001.087Inspector tributario26Ourense34.917.998Gutiérrez Rodríguez, José LuisA17.55
26EF.C99.10.000.36001.041Xefe Secc. T.P. e A.X.D.24Pontevedra35.313.361Rodríguez Simal, SoledadB12.85
31EF.C99.20.000.36560.050Xefe Sección Sucesións e Doazóns24Vigo35.434.195Bouzas Bóveda, José LuisB17.45
33EF.C99.20.000.36560.153Xefe Sección Fiscalización Ingresos24Vigo36.028.318Cerqueira Ozores, IsabelA16.75

Relación de consellerías (correspóndense cos dous primeiros caracteres do código do posto)

AG. Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

CU. Cultura, Comunicación Social e Turismo.

ED. Educación e Ordenación Universitaria.

EF. Economía e Facenda.

FA. Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

IC. Industria e Comercio.

MA. Medio Ambiente.

OT. Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

PE. Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

PR. Presidencia e Administración Pública.

SA. Sanidade e Servicios Sociais.

XU. Xustiza, Interior e Relacións Laborais.