Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-116/1999, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

Lugo 9 de decembro de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-116/1999.

Denunciado: Ángel Rábade Castro.

DNI: 33.830.836-K.

Enderezo: r/ Ronda del Carmen, 53-4ºA-Lugo.

Feito denunciado: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Medio Ambiente ó ter capturado oito troitas de tamaño inferior ó regulamentario, (2-18,5 cm; 1-18 cm; 3-17,5 cm; 2-17 cm). Feitos constatados o día 5-6-1999 no río Ser-Vilaquinte. Cervantes. Lugo.

Precepto sancionador: artículo 33.9º da Lei 7/1992.

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 ptas. de multa.

Indemnización por danos e pérdas de 24.000 ptas.