Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 5 de xaneiro de 2000 pola que se convoca concurso público, declarado de urxencia, para a contratación do servicio de mantemento no Centro Residencial Docente (CRD) e o IESP de Vigo, dependente desta consellería. (Expediente 13/1999).

Advertido erro na devandita publicación feita no DOG nº 8, do 13 de xaneiro do 2000, na páxina 505, no título da resolución así como no punto 2, parágrafo a) Descrición do obxecto, e parágrafo b) Lugar de execución, onde di: «Servicio de mantemento do Centro Residencial Docente (CRD) e o IESP de Vigo», debe dicir: «Servicio de mantemento do Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo». Nota: esta corrección non inflúe no prazo de licitación.