A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exacción reguladoras da Comunidade Autónoma
de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.
1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.
2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1999.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social
e Turismo
ANEXO
Luis Seoane. Pinturas, Debuxos e Gravados (1932-1979): 4.000 ptas.