Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2000 Páx. 704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador de epizootias OU-T-130/1999.

De conformidade co disposto no artigo nº 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei

30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a María Isabel Biempica González, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992 citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O interesado disporá dun prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas coide convenientes na defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993 (BOE nº 189, do 9 de agosto), de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción. O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, no enderezo indicado.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 14 de decembro de 1999.

P.A.

María Rosa Rodríguez Cougil

Secretaria provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-T-130/1999.

Expedientada: Francisca María Arcos Pérez García.

DNI nº: 72.771.144-H.

Ultimo enderezo coñecido: r/ San Lamberto, nº 10 Madrid.

Feitos denunciados: transportar un can de caza no remolque matrícula PO-5856-BK, sen esta-lo vehículo

inscrito no rexistro provincial de sanidade animal, que o autoriza para o transporte de animais vivos.

Tipificación da infracción: preceptos infrinxidos. Artigo 52 do Regulamento de epizootias, aprobado polo Decreto do 4 de febreiro de 1955, modificado polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: 10.000 pesetas.