Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2000 Páx. 553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1999, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do procedemento aberto correspondente ó concurso público 5/1999.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), unha vez cumpridos os támites administrativos correspondentes, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde, Hospital Comarcal Valdeorras. R/ Conde Fenosa 50, 32300 O Barco de Valdeorras.

Número de expediente: 5/1999.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: contrato de consultoría e asistencia. Plan de calidade total do Hospital Comarcal Valdeorras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 5.250.000 ptas. (31.553,135 euros).

5. Adxudicación.

Data: 21 de outubro de 1999.

Empresa adxudicataria: Airas Badas S.L.

Orzamento total: 5.150.000 ptas. (30.952,123 euros).

O Barco de Valdeorras, 2 de decembro de 1999.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras