Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2000 Páx. 512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CESURAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, na sesión do día 26 de novembro de 1999, o Plan xeral de ordenación municipal de Cesuras, redactado pola entidade Gruplar, S.L., exponse ó público o expediente administrativo durante o prazo de dous meses, que se contará a partir do día seguinte hábil ó da derradeira publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior circulación na provincia. Durante este tempo poderá ser examinado o expediente nas oficinas municipais, en horario de 10 a 13 horas, por calquera persoa física ou xurídica, para formula-las alegacións ou observacións que consideren pertinentes.

Así memso, faise pública a suspesión do outorgamento de licencias nas áreas do municipio con novas determinacións que supoñan unha modificación do réxime urbanístico vixente. Non obstante, poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

Cesuras, 3 de decembro de 1999.

José Ferreiro Pardiñas

Alcalde