Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2000 Páx. 512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión con data do 29 de outubro de 1999, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación ó Plan parcial de reforma interior da unidade de actuación nº 20, o que se fai público, de conformidade co estipulado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse, no prazo de dous meses seguintes ó día da súa publicación no DOG o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Conten

cioso-Administrativo do Tribuna Superior de Xustiza de Galicia, trala comunicación ó organo que o dictou, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Cangas, 16 de novembro de 1999.

José Enrique Sotelo Villar

Alcalde