1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.
c) Número de expediente: 13/1999.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de mantemento do Centro Residencial Docente (CRD) e o IESP de Vigo, dependente desta consellería.
b) Lugar de execución: Centro Residencial Docente (CRD) e o IESP de Vigo.
c) Prazo de execución: desde o 1 de febreiro ata o 31 de decembro de 2000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 26.583.337 pesetas.
5. Garantías.
Provisional: 2% do prezo de licitación.
6. Obtención de documentación e información.
6.1. Información:
a) Entidade: oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio San Caetano s/n, Santiago de Compostela e delegacións provinciais.
6.2. Adquisición de pregos:
a) Teléfono: 981 59 07 11.
b) Domicilio: r/ Nova de Abaixo 19, Santiago de Compostela.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1ª) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
2ª) Domicilio: San Caetano s/n.
3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: San Caetano s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o terceiro día hábil contado desde o día seguinte ó da finalización do prazo para presentar ofertas.
9. Clasificación económica: grupo III, subgrupo 5, categoría B; grupo III, subgrupo 7, categoría B.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2000.
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria