Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2000 Páx. 473

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa GSB Galfor, S.A. de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa GSB Galfor, S.A. (código convenio nº 3200822) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 3-12-1999, subscrito en representación da parte económica de empresa, e, da parte social, comité de empresa, o día 17-12-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Concilicación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 9 de decembro de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º

As disposicións incluídas no presente convenio regularán desde a súa entrada en vigor e durante a súa vixencia as relacións laborais que se establecen nel entre GSB Galfor, S.A. e o seu persoal comprendido neste convenio.

Artigo 2º

As condicións deste convenio formarán un único conxunto, polo cal non entrará en vigor ningunha das súas disposicións sen se acepta-la totalidade delas.

Artigo 3º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio afecta a todo o persoal dos grupos técnicos, administrativos, subalternos e obreiros que pertencen ó cadro de persoal desta empresa, así como ós de novo ingreso durante a súa vixencia. Queda expresamente excluído o persoal directivo a que fai referencia o artigo 7 da Lei do contrato de traballo, segundo o teor do disposto na Lei de relacións laborais.

O comité de empresa será a única vía de negociación no relacionado co presente convenio colectivo de empresa, no que afecte a todo o persoal encadrado neste convenio.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1999. Terá vixencia dun ano (do 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 1999).

Entenderase prorrogado tacitamente en períodos dun ano, salvo que calquera das partes o denuncie cunha anticipación de tres meses, como mínimo, á data de extinción do convenio.

Artigo 5º.-Absorción e compensación de melloras.

As melloras económicas establecidas no presente convenio serán absorbibles ou compensables cos posibles aumentos de retribución que en virtude de disposicións oficiais se puidesen efectuar, non só por aboamento de igual natureza senón tamén no seu conxunto.

Artigo 6º.-Repercusión de incrementos nas bases de cotización.

Se por disposicións de rango superior se elevasen as bases de cotización á Seguridade Social, a repercusión económica correspondente afectará a ámbalas partes na proporción que lles corresponda legalmente.

Capítulo II

Xornada de traballo

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo queda establecida para o presente ano de 1999 en 1.776 horas de traballo efectivo, de forma que a reducción de xornada que isto supón se aplica a confección do calendario favorecendo ó máximo a economía na producción. Dentro do concepto de traballo efectivo enténdese o tempo de 15 minutos de pausa do bocadillo.

Artigo 8º.-Vacacións.

Todo o pesoal afectado por este convenio desfrutará dun período de vacacións de 30 días naturais (28 consecutivos e 2 por determinar ó establece-lo calendario laboral), con retribucións correspondente a salario convenio máis a media do percibido nos últimos tres meses como complemento de posto e prima.

Canto ó período do seu desfrute, exclusión e excepcións, planificación, etc., aplicarase o disposto sobre a materia no Estatuto dos traballadores.

Dos traballadores que teñan de desfruta-las súas vacacións en distinto período ó fixado no calendario da empresa, terán preferencia na escolla do período de vacacións os traballadores de máis antigüidade, alternándose en anos sucesivos esta preferencia de escolla.

Artigo 9º.-Calendario e horario de traballo.

A partir do calendario laboral provincial establecido pola superioridade, anualmente a dirección da empresa establecerá o calendario e horario de traballo, coa intervención que sexa preceptiva do comité de empresa de forma que se totalicen as horas anuais correspondentes, de acordo do artigo 7º.

O horario de trabllo, en principio, queda establecido na forma que se expón, salvando as variacións obrigadas para o reparto das horas laborais de cada ano, ou ben polas necesidades da organización do traballo; neste caso, precedendo autorización da Delegación de Traballo, será anunciado oportunamente ó persoal afectado.

-Persoal a quendas:

1ª. Das 6 h ás 14 h.

2ª. Das 14 h ás 22 h.

3ª. Das 22 h ás 6 h.

-Persoal de horario de día:

Das 8.15 h ás 16.30 h (de luns a venres).

-Horarios especiais: en casos excepcionais, por necesidades da producción debidos a falta de enerxía, avarías importantes, etc. poderanse establecer esporadicamente outros horarios sen variación da xornada legal pactada.

Artigo 10º.-Traballos en domingos e festivos.

O traballo en domingo e días festivos comeza a contarse desde as 24 horas do día anterior para todo o persoal salvo para o persoal a quendas; neste caso

contarase a partir das 6 horas do domingo ou festivo ata as 6 horas do día seguinte.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 11º.-Principios xerais.

A organización do traballo é facultade da dirección, que a exerce directamente a través dos mandos, tendo en conta as disposicións leais vixentes.

Artigo 12º.-Documentación do traballo.

Comprende toda serie de documentos que son necesarios para reflectir as circunstancias de tempos asignados, investidos, actividades, unidades de traballo efectuado, tempos de espera, paros concedidos, etc. Dada a transcendencia da información que figura nestes documentos para a boa marcha da empresa, a omisión, falseamento ou neglixencia na especificación destes datos poderá ser considerada como falta grave e a reincidencia dará lugar a aplica-la máxima sanción.

Artigo 13º.-Valoración de estándares e productividade.

Durante o presente ano continuarán os estudios de tempos para fixar, en cada posto, os rendementos normais e óptimos, actualizados de acordo coas variacións de procesos e medios de producción.

Artigo 14º.-Prima directa.

Regularase de conformidade co acordo establecido entre a dirección e o comité de empresa.

Artigo 15º.-Prima indirecta colectiva.

Regularase de conformidade co acordo establecido entre a dirección e o comité de empresa.

Artigo 16º.-Ingreso de persoal.

O ingreso de persoal efectuarase de acordo coas disposicións legais vixentes para esta materia.

Artigo 17º.-Período de proba.

Aplicarase o disposto na regulamentacións laboral vixente.

Artigo 18º.-Ascensos.

O sistema de ascensos que se establece no presente convenio está baseado fundamentalmente na aptitude e capacidade do productor para o desempeño das funcións de cada categoría profesional.

En provisión de vacantes en réxime de ascensos, de cada tres prazas unha proverase por antigüidade dentro do departamento en que se produza a vacante, salvo que se acreditase a carencia de aptitude no traballador e as outras dúas por concurso-oposición, libre para todo o persoal da empresa, que se deberá realizar a través de probas teórico-prácticas.

Quedan excluídos desta norma xeral, os postos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas; estas vacantes serán cubertas por libre designación da dirección da empresa. Igualmente quedan excluído, o persoal de secretaría, pro

curándose que esta designación recaia sobre o persoal da empresa.

A empresa anunciará coa anticipación suficiente, nunca inferior a 30 días, as vacantes ou postos a cubrir, a data en que se deberán efectua-los exercicios, o programa que se desenvolverá e as condicións que se requiran para aspirar a elas; tamén se fará consta-la forma de o celebrar e os méritos, títulos e demais circunstancias que sexan pertinentes.

A composición dos tribunais que cualificarán os concursos-oposición será a seguinte:

-Un presidente e dous vocais nomeados pola empresa.

-Dous vocais designados pola representación social da empresa.

Para unha maior garantía de que o ascendido a unha categoría profesional superior desempeñará as funcións encomendadas coa máxima eficacia, establécese un prazo de proba que corresponda ó establecido para un productor de novo ingreso da súa categoría.

Artigo 19º.-Ascensos de peóns e auxiliares administrativos.

Os peóns e auxiliares administrativos con máis de cinco anos ó servicio da empresa ascenderán ás categorías de especialista e oficial 2ª administrativo, respectivamente.

Artigo 20º.-Mobilidade do persoal.

Aplicarase o establecido nas disposicións legais vixentes, ben que nos casos en que for necesario efectuar mobilidade do persoal en razón da capacidade diminuída do traballador e cando esta tivese a súa orixe nalgunha enfermidade profesional ou accidente de traballo non imputable a el, ou desgaste físico natural como consecuencia dunha dilatada vida de servicio na empresa, o traballador seguirá percibindo a retribución da súa categoría profesional.

Artigo 21º.-Cambios de quenda.

A empresa, ó acorda-los cambios de quenda conforme a lexislación vixente, terá en conta, ademais, o seguinte:

1. Cando haxa mutuo acordo entre empresa e productor, aplicarase o que ámbalas partes acorden.

2. Procurarase que a quenda de noite sexa o máis restrinxida posible, de modo que se tenda á saturación do promeiro e o segundo.

3. Salvo casos excepcionais, os cambios de quenda notificaranse no taboleiro de anuncios na tarde do penúltimo día laborable da semana.

4. O persoal operario de producción maior de 55 anos gozará de preferencia, sempre que sexa posible, a xuízo da dirección e do comité de empresa, en ocupar postos que traballen a dous relevos (mañá e tarde).

Artigo 22º.-Rexistros de persoal.

Canto ós rexistros de persoal, datos, publicación, etc., a empresa atenderá ó especificado sobre esta materia nas disposicións legais vixentes.

Capítulo IV

Retribucións do persoal

Artigo 23º.-Política de salarios.

GSB Galfor, S.A. establece que a remuneración do seu persoal ten unha relación directa coa categoría profesional e coa actividade con que desempeña as funcións encomendadas.

Por tanto, a retribución normal está composta dunha parte fixa e outra variable.

A parte fixa vén determinada pola categoría profesional á que se asigna o número correspondente ó chanzo e o grupo que a define.

Todo o persoal da empresa está clasificado e ten asignado o número correspondente á súa categoría.

A parte variable corresponde fundamentalmente ás retribucións en concepto de prima de producción e/ou productividade e son devengadas en función da actividade individual ou colectiva desenvolvida na execución das tarefas. Tódalas percepcións que por calquera concepto estivesen establecidas con anterioridade ó presente convenio serán compensables e absorbidas coa retribución anual que se establece nel.

Artigo 24º.-Enumeración das distintas retribucións.

Para efectos do ordenado no Decreto 2380/1973, do 17 de agosto, sobre ordenación do salario, especifícase a seguir a clasificación dos conceptos retributivos do presente convenio de acordo co artigo V do dito decreto.

a) Salario base.

a.1. Xornais e soldos.

b) Complementos persoais.

b.1. Complemento de antigüidade.

b.2. Complemento de distancia.

b.3. Complemento de asistencia e puntualidade.

b.4. Complemento persoal e/ou especial.

c) Complementos de posto de traballo.

c.1. Complemento de posto ou responsabilidade.

c.2. Complemento de nocturnidade.

c.3. Complemento de xefe de equipo.

c.4. Complemento de quendas especiais.

d) Complementos por calidade e cantidade de traballo.

d.1. Complemento convenio.

d.2. Primas de producción e/ou productividade.

d.3. Horas extraordinarias.

e) Vencemento período superior ó mes.

e.1. Gratificacións de xullo e Nadal.

Pola índole do traballo desenvolvido nesta empresa, o concepto de penosidade, toxicidade e perigosidade está incluído na valoración de postos de traballo que serviu para establece-los importes do complemento de posto ou responsabilidade, recollidos no anexo III.

Artigo 25º.-Salario base e complemento.

Nos anexos II e IV recóllense os xornais e soldos base (a.1) máis o complemento convenio (d.1) nos que quedan incluídas as gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal (e.1) correspondentes para o presente convenio, ás categorías profesionais definidas no anexo I.

Artigo 26º.-Complemento de antigüidade.

Por cada quinquenio a percepción consistirá nun seis por cento do xornal ou soldo base máis complemento, isto é, do soldo convenio.

Artigo 27º.-Complemento de distancia.

Establécese na contía de 1.711 ptas./mes por traballador, por once meses e proporcionalmente ós días traballados.

Artigo 28º.-Complemento de asistencia e puntualidade.

Establécese para todo o persoal un complemento de asistencia e de puntualidade de 1.839 ptas. mensuais que, caso de falta de puntualidade ou asistencia durante un, dous ou tres días ó mes, queda reducido a 1.226, 613 ou 0 ptas. respectivamente.

Artigo 29º.-Complemento de posto ou de responsabilidade.

No anexo III establécese o valor por hora efectiva no posto para o complemento de posto e no anexo V o valor mes do complemento de responsabilidade para cada unha das categorías establecidas no anexo I.

Artigo 30º.-Complemento de nocturnidade.

O complemento de nocturnidade aboarase polo 35% do soldo convenio correspondente á totalidade da xornada, cando se traballase durante o período nocturno máis de catro horas e proporcionalmente ás horas traballadas no caso do período nocturno de traballo ser máis dunha hora, sen exceder de catro. Para este efecto considérase como período nocturno o comprendido entre as 22 e as 6 horas.

Artigo 31º.-Complemento de xefe de equipo.

Aboarase o 20% do soldo convenio da categoría correspondente.

Artigo 32º.-Complemento de quendas especiais.

Todo traballador que, de común acordo coa empresa, realice quendas que teñan un horario que non coincida cos habituais, percibirá un complemento equivalente ó 30% do seu soldo convenio.

Artigo 33º.-Complemento de horas extraordinarias.

En materia de horas extraordinarias, aplicarase o disposto nas normas legais aplicables en cada momento.

A empresa facilitará trimestralmente ó comité a información sobre as horas extraordinarias realizadas.

Artigo 34º.-Gratificacións extraodrinarias.

Aboaranse a tódolos productores (incluídos os que se encontren no servicio militar), dúas gratificacións, equivalentes, cada unha delas, a un mes de salario convenio, complemento de posto ou de responsabilidade e antigüidade. Estas gratificacións están incluídas dentro do salario bruto anual, recollido para cada categoría nos anexos II e IV.

As datas de aboamento serán as regulamentarias nos dous casos citados.

Capítulo V

Artigo 35º.-Servicio militar.

Computarase para efectos de antigüidade na empresa o tempo que dure o servicio militar dos traballadores.

Unha vez cumprido, teñen dereito a ocupar un posto na mesma categoría do que desempeñaban ó se incorporaren a filas, sempre e cando se reincorporen ó traballo, como máximo, dous meses despois de finalizado o servicio militar.

Os traballadores que, prestando o servicio militar, desfruten de licencias ou permisos non inferiores a quince días, poderán reintegrarse ó traballo durante o citado período de tempo, sendo obrigatoria a súa admisión pola empresa, sempre que en ámbolos casos medie a oportuna autorización militar para traballar.

O traballador que o desexe, avisando cunha anticipación de dez días á súa incorporación a filas, poderá cesar na empresa con sete días de anticipación, sen adquirir dereito a xornal ningún.

Artigo 36º.-Excedencias.

Teñen dereito a que se recoñeza a posibilidade de se situar en excedencia voluntaria co alcance, limitacións, incompatibilidades e demais circunstancias que se establecen no Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes, aqueles traballadores que leven un mínimo dun ano consecutivo ó servicio da empresa, non podendo instar nova solicitude, por outra soa vez, ata teren transcorrido outros dous anos contados desde o termo da anterior.

A duración da excedencia poderá ser entre tres meses e cinco anos.

A petición da excedencia formularase por escrito e debe ser resolta ós 15 días da súa formulación.

A concesión da excedencia será obrigatoria ou forzosa cando teña por orixe o desempeño polo productor dun cargo de carácter público que imposi

bilite a asistencia ó traballo. Neste caso, a dita excedencia dará dereito ó productor á conservación do posto e da antigüidade, e o reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa. Sen pexuízo dos dereitos legais de cada traballador, o comité de empresa, valorando en cada momento a situación global de excedencias, decidirá, conxuntamente coa dirección, sobre o reingreso dos posibles solicitantes.

A dirección de persoal informará o comité de empresa de tódalas peticións de excedencia que sexan formuladas polos traballadores.

Non se poderá acoller ós beneficios estipulados no presente artigo o persoal que teña contrato de duración determinada.

Artigo 37º.-Permisos retribuídos.

A empresa concederá permiso retribuído, con aboamento do salario convenio, máis antigüidade e complemento de posto ou responsabilidade nos seguintes casos, sempre que os mesmos sexan xustificados.

-Casamento: 15 días naturais.

-Parto da esposa: tres días naturais, cun mínimo de dous días laborables.

-Enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave de cónxuxe, fillos, pais ou irmáns: tres días naturais ou seis medias xornadas consecutivas.

-Enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave de netos, avós ou pais políticos: dous días naturais.

-Morte do cónxuxe ou fillos: catro días naturais cun mínimo de dous días laborables.

-Morte de pais, irmáns, netos, avós ou pais políticos: tres días naturais.

-Morte de irmáns políticos ou fillos políticos: dous días naturais.

-Morte do irmán do pai ou do da nai do traballador. un día natural.

-Casamento de irmáns ou fillos: un día natural.

-Traslado do seu domicilio habitual: un día natural.

Caso de o feito causante ocorrer fóra da provincia, correspondería un día natural máis.

O permiso unicamente se poderá utilizar no momento de se produci-lo feito causante.

-Por asuntos propios: tres días laborables non consecutivos ó ano, sen retribuír e sempre que sexan debidamente xustificados.

Artigo 38º.-Incapacidade laboral transitoria.

O traballador que cause baixa por accidente percibirá o 100 por 100 do salario convenio. En baixa por enfermidade, a percepción correspondente será o 75% del, e a partir dos dous meses percibirá o 100 por 100, logo de conformidade da dirección e o comité de empresa. Así mesmo, percibirá estas mesmas procentaxes sobre a media do complemento de posto ou responsabilidade realmente percibido durante os tres meses anteriores.

Cando o absentismo total, deducido o xerado por traballadores con ILT de longa enfermidad (superior a 100 días) e o correspondente a permisos retribuídos reflectidos no artigo 37º, ou permisos concedidos previamente, sexa igual ou inferior ó 4,5% computado por meses naturais, no conxunto do persoal semanal, os traballadores semanais ou mensuais en baixa por enfermidade percibirán, a partir do quinto día de baixa, o 100% do salario ou soldo convenio e a media do complemento do posto ou responsabilidade que percibisen realmente nos tres meses anteriores. Para estes efectos a aplicación será en función do absentismo correspondente a cada mes no que se encontre de baixa.

Por outra parte, en casos particulares e considerando o informe médico correspondente, poderase acorda-lo aboamento ó traballador do 25% non percibido durante os dous primeiros meses.

Artigo 39º.-Promoción profesional.

A empresa establecerá cursos de formación co fin de adecua-los coñecementos dos seus traballadores ante a crecente evolución tecnolóxica.

A través dos oportunos centros de formación profesional celebraranse cursos de formación e perfeccionamento dos traballadores con carácter gratuíto, para consegui-la promoción profesional e a capacitación social, téndose en conta como mérito o teren superado estes cursos para os ascensos e provisión das vacantes que se produzan no cadro de persoal da empresa.

A empresa outorgará ós traballadores que realicen estudios para a obtención dun título profesional permisos para exames que terán carácter de retribuídos, logo de xustificación da asistencia a eles.

Perderán este dereito os que sexan suspendidos na metade das disciplinas en que se encontrasen matriculados, considerando como suspensos para estes efectos aquelas nas que non se presentasen a exame.

O suspenso dunha mesma disciplina en dúas convocatorias producirá tamén a privación destes beneficios.

Naqueles casos que non estean recollidos no presente convenio observarase a lexislación vixente.

Capítulo VI

Asistencia social

Artigo 40º.-Seguro de vida.

A empresa concertará un seguro de vida en beneficio do seu persoal, correndo ó seu cargo o pagamento da totalidade da prima.

A póliza cobre, a partir do 17-11-1999, os capitais que figuran no seguinte cadro:

Accidente laboral

ou non laboral

Natural

ou enfermidade

Morte2.000.0002.000.000

Invalidez absoluta e permanente2.000.0002.000.000

Incapacidade profesional total e permanente5.000.0005.000.000

O comité de empresa será o depositario dunha copia de ámbalas pólizas para xeral coñecemento dos dereitos, limitacións e exclusións que se establecen nelas.

Artigo 41º.-Xubilación.

O traballador que ingresase na empresa antes do 1 de xaneiro de 1979 e cumpra os requisitos para acceder á prexubilación pola Seguridade Social adquirirá, ó cumpri-los 60 anos, o dereito á xubilación, garantíndolle a empresa o 100%, da súa percepción bruta correspondente ó salario base máis complemento convenio, antigüidade e plus de posto ou de responsabilidade no momento de se xubilar, isto é, completándolle en cada momento ata esa porcentaxe a prestación da Seguridade Social ata a idade de 65 anos, momento en que quedará a empresa desvinculada deste compromiso.

Os aumentos oficiais de pensións que non afecten a porcentaxe de percepción serán a beneficio do xubilado.

Para o persoal con ingreso posterior ó 31-12-1978 poder optar nesta condicións á xubilación anticipada, será precisa unha antigüidade na empresa de, ó menos, 15 anos.

Artigo 42º.-Axuda escolar.

A empresa concederá 4.250.000 ptas. anualmente en cada mes de setembro, a distribuír en bolsas entre os fillos dos traballadores segundo acorde o comité de empresa.

Artigo 43º.-Prestación por nupcialidade.

O persoal fixo da empresa que contraia matrimonio percibirá un premio de nupcialidade de 20.000 ptas.

Artigo 44º.-Prestación por natalidade.

O persoal fixo percibirá por aumento de familia un premio de natalidade de 10.000 ptas. por cada fillo nacido.

Artigo 45º.-Axuda para comedor.

O persoal con horario de 8.15 a 16.30 h que xante no comedor da empresa percibirá, por cada día de traballo e xantar realizado, unha axuda do 50% do importe.

O persoal a quendas de mañá e tarde terá por cada día de traballo (de luns a venres) unha subvención de 150 ptas. para bocadillo.

Artigo 46º.-Fondo social.

Existe un fondo social para casos de especial necesidade. A súa aplicación e desenvolvemento está acordado entre a dirección e o comité de empresa.

Capítulo VII

Artigo 47º.-Incremento sobre táboas salariais.

Acórdase un incremento proporcional do 2% que aparece aplicado sobre salario ou soldo convenio (anexos II e IV) e complemento de posto ou reesponsabilidade (anexos III e V).

Capítulo VIII

Artigo 48º.-Seguridade e saúde.

A vixilancia de seguridade e saúde é competencia do comité de seguridade e saúde e el mesmo poderá suspende-la prestación de traballo dos traballadores afectados por riscos de accidente mediante a comunicación á dirección e comité de empesa e autoridade laboral.

O número de compoñenetes do comité de seguridade e saúde será paritario na contía determinada polo número de delegados de prevención.

Os compoñentes da parte social do comité de seguridade e saúde serán os delegados de prevención, designados por e entre os membros do comité de empresa e delegados sindicais.

Artigo 49º.-Comité de empresa e seccións sindicais.

Recoñeceranse os dereitos e garantías establecidas pola lei a favor dos membros do comité de empresa.

Quedan recoñecidas as seccións sindicais da empresa que cumpran as seguintes condicións:

a) Corresponderen a centrais sindicais legalizadas.

b) Agruparen un número de traballadores equivalente, como mínimo, ó 10% do cadro de persoal da empresa ou o 15% da representatividade.

Tanto o comité de empresa como as seccións sindicais que cumpran coas condicións citadas disporán de taboleiro de anuncios para as súas publicacións de notas de carácter laboral ou sindical de índole xeral.

Para a publicación de notas relacionadas directamente coa empresa, deberán contar con autorización previa da dirección.

Os membros do comité de empresa desfrutarán de 40 horas mensuais, retribuídas, para o desempeño das súas funcións de representación.

Poderanse acumula-las horas sindicais nun membro do comité de empresa, afiliado a centrais para a súa utilización en actividades sindicais.

Así mesmo, as centrais sindicais que agrupen como mínimo o 10% do cadro da empresa ou o 15% da representatividade terán dereito a un delegado sindical, que deberá ser traballador en activo e desfrutará tamén de 40 horas mensuais retribuídas para o desempeño das súas funcións.

Poderanse reunir nos locais da empresa e fóra de horas de traballo os traballadores afiliados e con asistencia de dirixentes do sindicato, logo de aviso á dirección da empresa, quen, en función das circunstancias determinará os locais máis adecuados para o correcto desenvolvemento da dita reunión.

Por petición expresa do traballador afiliado a centrais sindicais legalmente constituídas e que teñan a representación a que se refire este artigo, a empresa descontará na nómia mensual o importe da cota sindical correspondente.

O traballador interesado na realización de tal operación remitirá á dirección de persoal un escrito no que se expresará con claridade a orde do desconto, a central sindical ou sindicato a que pertence e a contía da cota. A empresa efectuará as anteditas detraccións, salvo indicación en contrario, durante períodos dun ano.

En caso de medidas disciplinarias contra membros do comité ou seccións sindicais, actuarase conforme a lei, informando simultaneamente o comité de empresa.

Artigo 50º.-Bilingüismo.

Os informes de carácter xeral que sexan publicados no taboleiro de anuncios da empresa expresaranse nos dous idiomas oficiais, castelan e galego.

Artigo 51º.-Comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do presente convenio na empresa. As súas funcións específicas serán as seguintes:

a) Interpretación auténtica do convenio.

b) Arbitraxe dos problemas ou cuestión que sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

c) Entender en cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

Caso de non haber acordo, a acta recollerá os diferentes puntos de vista. En ámbolos casos o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección da empresa resolverá o que coide conveniente no prazo de oito días e notificarao a aqueles por se deciden acudir, coa súa reclamación, ante a autoridade laboral competente.

A comisión mixta paritaria comporase de oito vocais, catro da parte económica e catro da parte social, así como dous vocais suplentes por cada unha das citadas partes, segundo a relación nominal anexa.

A comisión, en primeira convocatoria, non poderá actuar sen a presencia de tódlos vocais, previamente convocados e, en segunda convocatoria, o seguinte día hábil actuará cos que asistan, tendo voto inicialmente un número paritario de vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión mixta, de común acordo, poderá utiliza-los servicios ocaisonais ou permanentes de asesores en cantas reunións sexan da súa competencia.

A comisión reunirase a instancia de calquera das partes, póndose de acordo sobre o lugar, día e hora en que se deberá celebra-la reunión.

As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola comisión mixta terán carácter vinculante.

Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión mixta das dúbidas, discrepancias e conflictos que se poidan producir como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio.

Artigo 52º.-Competencias do comité de empresa.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñécense ó comité de empresa as seguintes funcións:

-Ser informado pola dirección da empresa:

a) Mensualmente sobre a marcha das principais magnitudes da explotación, a saber:

-Horas traballadas, normais e extraordinarias.

-Absentismo.

-Accidentes de traballos.

-Producción.

-Vendas.

-Facturación.

b) Trimestralmente sobre:

-Evolución xeral do sector e dos negocios.

-Carteira de pedidos.

-Programa de producción.

-Evolución do emprego.

c) Anualmente:

A mesma información, cos mesmos documentos, posta ó dispor dos accionistas, fundamentalmente:

-Memoria.

-Balance.

-Conta de resultados.

d) Tamén serán informados sen periodicidade determinada cando se produzan feitos de importancia para a empresa en xeral e os traballadores en particular.

-Ser informado das sancións e medidas disciplinarias impostas por faltas graves pola empresa a calquera traballador.

Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en relación coa información recibida, aínda despois de deixaren de pertencer ó comité de empresa e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado. En todo caso, ningún tipo de documento entregado pola empresa ó comité poderá ser utilizado fóra do estricto ámbito daquela e para fins distintos dos que motivaron a entrega.

Capítulo IX

Artigo 53º.-Cláusula adicional primeira.

Conscientes ámbalas partes de que as melloras recollidas no presente convenio e as que se poidan pactar no futuro só se poderán manter e mellorar con base na rendibilidade da empresa, e parte social comprométese coa dirección a colaborar estreitamente na reducción de desviacións internas, reducción do absentismo, mellora de actividades e de calidade e, en xeral, en todo canto poida significar un mellor rendemento da empresa.

Artigo 54º.-Cláusula adicional segunda.

En todo o non previsto no presente articulado, aplicarase o establecido na lexislación laboral vixente.

ANEXO I

Correspondencia entre os chanzos convenio

e categorías profesionais

Obreiros:

Chanzos

O2Aprendices

O3Peóns

O4Especialistas

O5Oficiais de 3ª

O6Oficiais de 2ª

O7Oficiais de 1ª

Empregados:

Chanzos

E0Botóns

E1Persoal de limpeza

E2Ordenanzas

E3Vixilantes

E4Chóferes e enfermeiros

E5Auxiliares administrativos e de organización

E6Calcadores e auxiliares de laboratorio

E7Oficiais de 2ª administrativos

E8Técnicos de organización 2ª, delineantes 2ª,

analistas 2ª de laboratorio, cronometradores

E9Oficiais 1ª administrativos

E10Técnicos de organización 1ª, delineantes 1ª,

analistas 1ª de laboratorio, cronometradores

E11Delineantes proxectistas

E12Encargados

E13Mestres taller e xefes de 2ª administrativos

e de organización

E14Xefes de taller e xefes de 1ª administrativos

e de organización

E15Titulados

ANEXO II

Salario convenio

Táboa salarial de obreiros

(Xornal base+complemento convenio)

ChanzoGrupoPercepción bruta anual (incluídas

gratificacións extraordinarias

de xullo e nadal)

02 (aprendices)1614.572
2688.494
3762.414

03 (peóns)11.229.948
21.289.083
31.348.221

04 (especialistas)11.377.788
21.436.927
31.496.064

05 (oficial 3ª)11.525.633
21.555.199
31.584.769

06 (oficial 2ª)11.614.339
21.643.907
31.703.045

07 (oficial 1ª)11.732.613
21.806.534
31.880.456

ANEXO III

Complemento de posto

Táboa salarial de obreiros

(Sobre horas de traballo efectivo. Nas gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal e mes de vacacións aboarase a media das percepcións por este concepto nos tres meses anteriores).

NivelPosto de traballoPtas./hora

1998

1Xefes de equipo de forxa

Equipos rotativos de forxa

Palanquistas de forxa

Estampadores de forxa

Outro persoal en equipos de forxa

167,58

2Ferreiro

Endereitamento de palieres en forxa

Lavado de matrices

145,78

3Xefes de equipo de corte

Serras, cisallas, corte de palieres

Parque materia prima

Repaso pezas en acabamentos

Xefes de equipo de mantemento

Mantemento preventivo

Oficiais mecánicos e electricistas de mantemento

Montaxe ferramentas

Soldadores de matricería

133,15

4Carreteiros en forxa

Resto persoal de mantemento

124,96

5Xefes de equipo de T. térmicos e acabamentos

Xefes de equipo de matricería

Axustadores

Xefes de equipo de control de calidade en forxa (*)

Xefes de equipo de mecanización

118,43

6Xefes de equipo de control calidade final (*)

Control de calidade de forxa

Magnaflux

Repaso en control final

Soldadura en mecanización

Granallas

115,11

NivelPosto de traballoPtas./hora

1998

7Fresadores

Torneiros de matricería

Ferramentistas

Modelistas

Moldes

Control de calidade de utensilios

Resto T. térmicos (todos excepto X. equipo)

Resto control final (todos excepto Magnaflux e repaso) e expedicións

Torneiros de mecanización

Carreteiros, excepto en forxa

Verificadores de mecanización

108,56

8Rectificado

Laboratorio

Encambada de bandas

Proba a presión de proxectís

Fosfatación, pintura e embalaxe de proxectís

101,98

9Vixilante de fornos terceira quenda

Limpeza

95,47

(*) En caso de rotar cos xefes de equipo de control de calidade de forxa, todos percibirán 118,43 ptas./hora.

ANEXO IV

Soldo convenio

Táboa salarial de empregados

(Soldo base+complemento convenio)

ChanzoGrupoPercepción bruta anual (incluídas

gratificacións extraordinarias

de xullo e Nadal)

E 1 (œ xornada) 765.771

E 2 (ordenanzas) 1.318.659

E 3 (vixilante)1

2

1.436.927

1.496.064

E 4 (chofer enfermeiro)1

2

3

1.555.199

1.584.769

1.614.339

E 5 (Aux. Adm. e de Organiz.)1

2

3

1.407.357

1.436.927

1.466.497

E 6 (calcadores e Aux. Labor.)1

2

3

1.407.357

1.496.064

1.584.769

E 7 (Ofic. 2ª)1

2

3

1.525.633

1.643.907

1.703.045

E 8 (T. Org. 2ª, Dte. 2ª e Anal. 2ª)1

2

3

1.584.769

1.643.907

1.703.045

E 9 (Ofic. 1ª Adm.)1

2

3

1.732.613

1.806.534

1.880.456

E 10 (T. Org. 1ª, Dte. 1ª, e Anal. 1ª)1

2

3

1.732.613

1.806.534

1.880.456

E 11 (Dte. Proxect.)1

2

2.294.417

2.494.468

E 12 (encargados)1

2

3

2.177.064

2.254.770

2.330.360

E 13 (X. Adm. 2ª e X. Org. 2ª, mestre taller)1 (*)

2

3

2.087.436

2.356.416

2.432.000

E 14 (X. Adm. 1ª e X. taller)12.494.468

E 15 (titulado)1

2

3

1.649.473

2.519.967

2.712.561

(*) O nivel E 13-1 só para xefes de 2ª administrativos e de organización.

ANEXO V

Táboa salarial de empregados

Complemento de responsabilidade

ChanzoCompl. mensual (x14)Total anual

E 1 (œ xornada) 4.959 69.426

E 211.549161.686

E 313.346186.844

E 415.134211.876

E 512.289172.046

E 612.289172.046

E 715.134211.876

E 815.134211.876

E 917.525245.350

E 1017.525245.350

E 1126.056364.784

E 1223.929335.006

E 1324.992349.888

E 1426.056364.784

E 1527.119379.666

ANEXO VI

Compoñentes da comisión mixta paritaria

De acordo co establecido no artigo 51 do presente convenio, quedan designados vocais da comisión mixta paritaria os seguintes membros:

Pola dirección da empresa:

Ramón Terroba Elías, Leonardo Espinosa Fernández, Marcos Echeita Sarrionandía, José Luis Prado Fernández e Roberto Álvarez Merino (suplente).

Por representación dos traballadores:

José Luis Lobato Martínez, José Eugenio Lorenzo Alcalde, Inocencio Quevedo Gómez, Manuel González Quiroga, Ignacio Domíngez Carballo (suplente) e Antonio Dabouza Dafonte (suplente).

Polo comité:

José Luis Lobato Martínez, José E. Lorenzo Alcalde, Juan A. García Conde, Ignacio Domínguez Carballo, Manuel González Quiroga, José Mª Concheiro Martínez, Antonio Dabouza Dafonte, Epifanio Dafonte Casares, Inocencio Quevedo Gómez, Dario González Fontán, Perfecto Álvarez Fernández, Pedro Ortiz Armesto, Manuel Alonso Rodríguez.

Pola empresa: Ramón Terroba Elías, José Luis Prado Fernández.

Este convenio asinouse pola dirección da empresa e a representación dos traballadores.

Ourense, 17 de novembro de 1999.