Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2000 Páx. 461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, mediante expediente anticipado de gasto e polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da prestación do servicio de dietética e do transporte das comidas na cociña do Hospital Xeral de Lugo. (C.P. 1/2000-S).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na alínea i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación C.P. 1/2000-S, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e anticipado de gasto, da prestación do servicio de dietética e do transporte das comidas na cociña do Hospital Xeral de Lugo.

Obxecto e orzamento.

Lote nº 1: contratación da prestación do servicio de dietética, por un orzamento máximo de quince

millóns catrocentas mil pesetas (15.400.000 ptas.) anuais. (IVE incluído).

Lote nº 2: contratación do transporte das comidas na cociña do Hospital Xeral, por un orzamento máximo de oito millóns cen mil pesetas (8.100.000 ptas.) anuais (IVE incluído).

Prazo de execución do contrato

Desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2000.

Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n. (27004) Lugo. Tfno. 982 29 65 52 e fax 982 21 29 24.

Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe para o lote nº 1 de trescentas oito mil pesetas (308.000 ptas.) e para o lote nº 2 de cento sesenta e dúas mil pesetas (162.000 ptas.) e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación.

Non se precisa.

Criterios de adxudicación.

-Experiencia na prestación do servicio en centros hospitalarios, ata 10 puntos.

-Prezo, ata 6 puntos.

-Medios materiais e técnicos ofertados, ata 5 puntos.

-Proposta de melloras, ata 4 puntos

Admisión de variantes.

Non se admiten variantes.

Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público

na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 22 de novembro de 1999.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo