Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2000 Páx. 457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo que se cita.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

Asistencia técnica dun estudio para o desenvolvemento do Corredor Atlántico Vigo-Oporto.

Adxudicatario: Unión Temporal de Empresas formada polas empresas Norcontrol, S.A.; Ingeniería y Economía del Transporte (Ineco), S.A. e Fase Estudios y Proyectos, S.A.

Orzamento de adxudicación: 141.428.100 ptas. (850.000 euros).

Prazo de execución: 9 meses.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda