Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2000 Páx. 456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 1 de decembro de 1999 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, dunha asistencia técnica para a composición, impresión, publicación e distribución do Diario Oficial de Galicia.

Advertido erro no prego de prescricións técnicas correspondente á devandita resolución, publicada no DOG do 3 de decembro de 1999, cómpre face-la oportuna corrección:

No punto a2), do epígrafe VI.-Criterios obxectivos de valoración, di: «Con 25 puntos valorarase o resultado da seguinte operación. Dado que a moda no período considerado está constituída por 47 exemplares de 48 páxinas e 45 de 56, puntuaremos con 30 puntos...» e debe dicir: «Con 25 puntos valorarase o resultado da seguinte operación. Dado que a moda no período considerado está constituída por 47 exemplares de 48 páxinas e 45 de 56, puntuaremos con 25 puntos... ».