Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2000 Páx. 408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Concello Pleno, en sesión do 20 de outubro de 1999, prestou aprobación definitiva ó plan parcial promovido por Gadisa para o PAU-1 do Plan Xeral de Ordenación Urbana.

A normativa do dito plan parcial foi publicada integramente no BOP de Lugo número 277, con data do 2-12-1999.

Ribadeo, 3 de decembro de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde