Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2000 Páx. 407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión do día trinta de novembro de mil novecentos noventa e nove, acordou:

1. Aprobar con carácter inicial a modificación da normativa do PXOU relativa á altura máxima das edificacións en función do número de plantas, contida no documento redactado polo arquitecto municipal, que ten por obxecto a súa acomodación ás necesidades contructivas actuais e sen que iso supoña incremento do aproveitamento, afectando esta modificación ós puntos: 6.2.21.2, 10.4.7 e 10.5.5.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes, o que deberá anunciarse no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse

o expediente nas oficinas municipais (Servicio de Urbanismo) e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 2 de decembro de 1999.

P.D. (Resolución 22-10-1999,

BOP do 13 de novembro)

Ricardo Seoane Candamio

Primeiro tenente alcalde delegado de Urbanismo