Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2000 Páx. 405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/180-2, 5271 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Corraíño.

Situación: Abadín.

Descricións técnicas: liña de media tensión de Corraíño a 20 kV en conductor Al-56 de 421 metros de lonxitude. Centro de transformación en Corraíño de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 1.180 metros de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 18 de novembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo