Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en colexio A Pontenova.
Situación: A Pontenova.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV de 95 metros de lonxitude en conductor D.H.V. Centro de transformación de 600 kVA e relación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión subterránea en conductor R.V.-4.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 9 de novembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo