Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2000 Páx. 401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de liña de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Mesón-Vimianzo, que se vai realizar nos concellos de Carral, Mesía, Ordes, Cerceda, Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo, todos eles da provincia da Coruña, promovido pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

O artigo 5, punto 2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que o órgano substantivo someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia na súa virtude,

RESOLVO:

1º Someter a información pública, no prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución, o estudio de impacto ambiental do proxecto de liña de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Mesón-Vimianzo, que se vai realizar nos concellos de Carral, Mesía, Ordes, Cerceda, Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo, (A Coruña), promovido por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

2º Para os correspondentes efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

*Dirección Xeral de Industria.

*Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

*Casas do concello de Carral, Mesía, Ordes, Cerceda, Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo (A Coruña).

3º As alegacións, dirixidas ó director xeral de Industria, formularanse durante o dito prazo de trinta días e serán presentadas en cualquera das oficinas que establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1999.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria