Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2000 Páx. 400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de decembro de 1999, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Arias Chana, Elena).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase a resolución de recursos de reposición, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de

Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regula o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 13 de decembro de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadaProcedemento

Arias Chana, Elena.

DNI: 36.040.902

Pintor Colmeiro, 10-7º E. Vigo.

Resolución de recurso contra providencia de constrinximento.

Expte. 5-6755/90. RR-237/99 e 252/99.