Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2000 Páx. 399

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativa á categoría 63 da grupo III (oficial 1ª conductor e outros) publicada por Resolución do 15 de decembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 16 de decembro).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 63 do grupo III (oficial 1ª conductor e outros) publicadas no DOG nº 241, do 16 de decembro de 1999, esta dirección xeral en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

-Incluír a Ignacio Castelo Mosquera, con DNI 76.822.928, no ámbito xeográfico D0000 (servicios centrais) na lista B, no número de orde 84, cunha puntuación 0,00 puntos.

-Incluír a Jesús Lage Lamas, con DNI 33.850.318, no ámbito xeográfico D1500 (provincia da Coruña) na lista B, no número de orde 20, cunha puntuación de 1,80 puntos; no ámbito xeográfico D2700 (provincia de Lugo) na lista B, no número de orde 12, cunha puntuación de 1,80 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública